Friday 17 de May de 2024

Reabre atracción do Super Mario tras aplicar medidas preventivas


Tras o accidente acontecido o día 4 de agosto de 2023 na atracción Super Mario, elaborouse un informe técnico e unha inspección visual das condicións de seguridade do aparello para, tendo en conda as circunstancias do accidente, propor medidas correctoras.

Tras inutilizar o movemento da plataforma oscilante para impedir que un neno poida meter os dedos entre as dúas superficies, os técnicos elaboraron un posterior informe certificando que a atracción pode abrir ao público de novo.